Henrik Lund
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1875 Nanortalik, Groenlandia (pt) |
Morte | 17 de xuño de 1948 (72 anos) Narsaq, Groenlandia |
Relixión | Luteranismo |
Actividade | |
Ocupación | pastor, compositor, escritor |
Xénero artístico | Música clásica |
Alumnos | Signe Lund (en) |
Familia | |
Fillos | Jakob Lund |
Parentes | Henrik Lund, neto Hans Lynge, xenro |
Henning Jakob Henrik Lund ou Intalêraq, nado en Nanortalik o 29 de setembro de 1875 e finado en Narsaq o 17 de xuño de 1948, foi un escritor, pintor e sacerdote groenlandés, coñecido como o autor[1] da letra de "Nunarput utoqqarsuanngoravit", que se convertería no himno nacional de Groenlandia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Henrik naceu nunha aldea na costa suroeste de Groenlandia e medrou preto dunha comunidade de groenlandeses orientais recolocados. Lund era de descendencia inuit e europea, seu pai, Isak Lund, era catequista e poeta e foi a súa familia e a misión morava quen lle espertaron o gusto pola poesía e a música.
Logo de estudar no seminario luterano en Godthaab ata 1897 e pasar un tempo en Dinamarca converteuse en 1899 en catequista en Angmagssalik, no leste de Groenlandia, en 1900 e alí estivo ata que en 1909 regresou ao oeste e catequizou en diferentes asentamentos. Ordenouse pastor o 9 de outubro de 1936 na Catedral da Nosa Señora de Copenhaguen en Dinamarca.[1] Foi o pastor local de Narssaq.[1]
Entre 1923 e 1932 foi membro do consello provincial de Groenlandia do Sur,[1], e como pintor dedicouse aos óleos e acuarelas[1] e representou a Groenlandia na exposición colonial de Roma de 1931[2].
Poesía e canción
[editar | editar a fonte]Compuxo himnos en lingua groenlandesa, que se publicaron en 1909, 1930, 1937 e 1945.[1] Publicou o seu primeiro poema "Upernalermat" no segundo volume de Erinarssûtit. Outros volumes inclúen máis da súa poesía, con algúns poemas de carácter secular.[1] Os seus poemas pódense clasificar como épicos ou didáctico. Un poema, "Igdlugssaq Nápagaungmat" detalla o acontecemento aparentemente menor de construír unha casa en Angmagssalik, aínda que non presenta carácter heroico, esta acción vai ser útil e ha demostrar afección pola comunidade.[1] En "Nunat Asingagingmata" canta á natureza.
Himno nacional
[editar | editar a fonte]O poema patriótico "Nunarput Utoqqarsuanngoravit" escribiuno en 1912 e máis tarde púxolle música Jonathan Petersen (1891–1960), a canción adoptouse como himno nacional de Groenlandia en 1916.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Frederiksen, Svend «Henrik Lund, A National Poet of Greenlan. Proceedings, American Philosophical Society, vol. 96, nº 6, 1956, pp. 653-659
- ↑ Henrik Lund Dansk Biografisk Leksikon
- ↑ ""About Greenland: Literature Music Theatre."". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2009. Consultado o 06 de novembro de 2016.